30 establecementos turísticos de Sanxenxo recibiron axudas da Xunta para o incremento da calidade da oferta
Por Redacción
A Xunta concedeu axudas para a mellora dos 30 establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de 465.000 euros, segundo trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda na reunión mantida esta semana co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.
O investimento concedido a través de Turismo de Galicia permitiu actuacións de mellora da infraestrutura turística galega orientadas á eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora da sustentabilidade enerxética ou modificacións que lles permitiran aos establecementos obter certificacións de calidade a 28 aloxamentos e 2 establecementos de restauración en Sanxenxo.
A convocatoria destas axudas permitiu levar adiante proxectos dirixidos fundamentalmente a accesibilidade, mellora das instalacións de cociñas, remodelación de baños e servizos, equipamentos mobiliarios e mellora de eficiencia enerxética e de espazos común (pinturas, solos, illamentos…).