Seixo sae á rúa en defensa do centro de saúde
Por Oskar Viéitez
Numerosos veciños de Seixo acudiron este venres á manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde.
Esta Plataforma marinense agrupa a 18 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo.
Nesta marcha de protesta os veciños esixiron a continuidade do centro de saúde e a cobertura de todo o persoal sanitario de forma permanente. Ademais rexeitaron a política de recortes e provatizaciones da sanidade pública.
Desde a Plataforma alertaron sobre que "a Xunta pretende desmantelar este servizo público en Seixo aproveitando a xubilación dunha das prazas de enfermería e a xubilación dun dos médicos prevista para mediados de agosto".
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, insistiu en oficialmente a Xunta non contempla o peche do centro de saúde de Seixo.
Relacionadas:
-
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo convoca unha nova protesta para o día 12 de agosto
Por Redacción |
-
Mobilización veciñal contra os recortes na Atención Primaria no centro de saúde de Seixo
Por Redacción |
-
BNG e PSOE apoian as demandas veciñais de defensa do centro de saúde de Seixo
Por Redacción |
-
Sanidade confirma que se manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo
Por Redacción |
-
O BNG demanda medidas urxentes ante o "grave colapso sanitario de Poio"
Por Oskar Viéitez |
-
Ramallo asegura que a "información oficial" é que o centro de saúde de Seixo "non pecha"
Por Oskar Viéitez |
-
A plataforma pola defensa do centro de saúde de Seixo pide o apoio de María Ramallo
Por Oskar Viéitez |
-
O Centro de Saúde de Seixo manterá a actividade asistencial
Por Redacción |