Ponte Caldelas estrea pasos de peóns cun pintado especial
Por Redacción
A recentemente renovada Rúa da Ponte, en Ponte Caldelas, estrea uns pasos de peóns que foron pintados coa intención de dotarlles de maior visibilidade tanto para os camiñantes como para os condutores.
Estes novos pasos incorporan a lenda 'Preferencia Peonil' acompañada da figura dun peón.
Segundo informan fontes municipais, a intención é que estes pasos destaquen nunha zona de cruce especialmente complicada, como é a da Rúa da Ponte co Paseo Cordo Boullosa, Rúa do Emigrante e Rúa da Igrexa.
Ademais do reforzo destas zonas de preferencia dos peóns sobre os vehículos, o Concello de Ponte Caldelas aproveitou tamén para renovar o pintado na plataforma única da Praza de España, lembrando a obrigatoriedade de circular a 10 km/h e a preferencia peonil neste espazo.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas renova o seu mobiliario urbano
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas ultima os detalles da mellora da Avenida de Galicia
Por Redacción |
-
Os traballos de reforma da Rúa da Ponte adaptaranse ás horas punta do tráfico
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas iniciará o luns a humanización da Rúa da Ponte
Por Redacción |
-
Adxudicada a obra da rúa da Ponte para facilitar o tránsito de peóns
Por Redacción |