Ponte Caldelas expón ao público no mes de agosto a Conta Xeral de 2020
Por Redacción
O servizo de Intervención do Concello de Ponte Caldelas finalizou xa a Conta Xeral de 2020.
Segundo informa ao Concello, este documento contabiliza 1.036.005 euros en positivo no último exercicio fiscal, sendo a diferenza entre ingresos de gastos de 245.948 euros en positivo, é dicir, que houbo máis ingresos que gastos. Por outra banda, o activo patrimonial do Concello sitúase en 21.959.812 euros.
O documento, que esixe o Ministerio de Facenda, estará exposto ao público durante o mes de agosto para que todas as persoas que o desexen poidan consultar os ingresos e gastos correspondentes ao ano 2020 do Concello de Ponte Caldelas.
"Se o Concello fose unha empresa privada seriamos unha empresa rendible", recalca Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas.
Díaz destaca que a Conta Xeral, un documento que contabiliza todo o patrimonio, todos os investimentos e todos os ingresos e gastos que houbo no Concello durante un ano reflicte a "seriedade, responsabilidade e transparencia coa que se xestiona este Concello" e demostra que o Concello "goza dunha boa saúde económica".
Díaz lembra que "cando cheguei á Alcaldía aos veciños non se lle rendían contas, agora saben en que se gastan os seus impostos".