O PP critica que "a pesar do gasto en desbroce, os camiños de Poio nunca tan mal estiveron"
Por Redacción
O Partido Popular de Poio critica que "a pesar do gasto en desbroce, os camiños e zonas públicas do concello están en peor situación que nunca".
O voceiro do grupo municipal do PP, Ángel Moldes asegura que "estamos no peor ano en planificación de limpeza dos camiños municipais" xa que, o Goberno local "prioriza a venda de favores e as fotos nas redes sociais en lugar de ter un plan de actuación".
Dende o PP recordan que "en anos anteriores organizaban as zonas por festas locais, por eventos deportivos, etc., e agora nin iso", e poñen de exemplo foi no último evento deportivo de Lourido "no que a imaxe era lamentable".
"Son moitos a mandar e o que provocan é unha falta de coordinación absoluta", engade Moldes.