Investimento de máis de 200.000 euros en Caldas para renovar luminarias
Por Redacción
Caldas de Reis acaba iniciar unha actuación para renovar a súa iluminación pública.
En concreto está previsto substituír preto de 170 luminarias por outras de tipo LED que permitirán reducir ata un 30% a factura municipal en electricidade, segundo as estimacións.
En total investiranse en varias actuacións 208.482 euros, dos cales o 80% procede de fondos europeos FEDER a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. Ademais a Deputación de Pontevedra achega o 15% e o Concello o 5% restante.
Na primeira fase están a substituírse os farois das rúas Juan Fuentes, José Salgado e Pedro Mateo Sagasta, así como as do Campo da Torre e as da estrada Nacional 640 en Veigas de Almorzar e Soutelo de Arriba.
Tamén se vai a proceder á substitución de 52 puntos de luz no Xardín Botánico e na Carballeira no marco do proxecto denominado 'Iluminación exterior sostible nos Bens de Interese Cultural'.
Doutra banda procedeuse á substitución das caldeiras actuais da piscina municipal por outras de biomasa.
O alcalde, Juan Manuel Rey, expresou a súa satisfacción pola posta en marcha destas actuacións "que van supoñer un antes e un despois na mellora da eficiencia enerxética en Caldas".