'Escolta segura' para que unha familia de patos chegue a salvo ata o río Lérez
Por Redacción
O paseo de patos, gansos e demais aves acuáticas por Pontevedra comeza a ser algo habitual na estampa urbana da cidade, aínda que non sempre estas camiñadas son seguras para elas.
É o que ocorreu este luns na Avenida de Uruguai, nas inmediacións da ponte do Burgo. Os animais necesitaron axuda humana para poder levar sans e salvos ao río.
Axentes da Garda Civil, concretamente da patrulla fiscal e fronteiras de Marín, decidiron escoltar a un clan de patos para esquivar o tráfico da zona.
Optaron por deter o tráfico uns minutos para que a 'mamá pato' puidese cruzar coas súas crías polo paso de peóns e chegar á auga.
A imaxe, que compartiu a Garda Civil en redes sociais, fíxose viral.
La Patrulla Fiscal y Fronteras de Marín nos regala este entrañable video donde se les ve habilitando un paso de peatones en Pontevedra para que la mamá pato cruce la calzada con sus patitos, camino de su hábitat natural en el río Lérez. pic.twitter.com/cm8eB3yNl5
— Guardia Civil Pontevedra (@guardiacivilPon) July 5, 2021