Mosquera: "ENCE ten perfectamente claro quen son os que se opoñen a súa pretensión de gañar moitos máis cartos continuando aí"
Por Redacción
"Onte quedou moi clara a simbiose, acordo ou traballo conxunto de ENCE e máis o PP para facer todo o posible para que a fábrica siga indefinidamente na ría", así arrancou o concelleiro do BNG, César Mosquera, unha valoración expontánea ás declaracións feitas o martes en Pontevedra polo presidente de ENCE, Juan Luis Arregui.
O edil nacionalista engadiu que "o presidente de ENCE ten perfectamente claro quen son os que se opoñen a súa pretensión de gañar moitos máis cartos continuando aí", dixo en referencia ás alusións de Arregui ao Concello e á Asociación pola Defensa da Ría.
Mosquera cualificou como "curioso" o dito polo empresario aínda que comentou que "tampouco se dixo nada novo" xa que "todo o mundo sabe que o PP, na Xunta e no Estado, está traballando 'codo con codo' con ENCE para que siga aí indefinidamente", valorou.
Relacionadas:
-
O PP "confiará nos criterios técnicos" para valorar, "si é o caso", o mantemento de ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE prepara xa a solicitude de prórroga en Lourizán e Arregui arremete contra o goberno local e a APDR
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Louzán abre a porta á continuidade de ENCE na Ría e Lores cre que é un "auténtico escándalo"
Por Alejandro Espiño |