O Sergas convoca á xuventude de Pontevedra, Marín e Vilaboa a cribados
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés seguirá realizando durante as próximas datas do mes de xullo cribados voluntarios con PCR tanto ao alumnado como a diferentes grupos poboacionais.
No Concello de Marín están citadas 785 persoas con idades comprendidas entre os 17 e 20 anos que terá lugar entre o venres 2 e 3 de xullo no Parque Eguren.
En Pontevedra, estas probas realizaranse entre o sábado 3 e o martes 6 no punto covid do aparcadoiro exterior do Hospital Provincial ao colectivo de estudantes de bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos da capital para os que prevén citar a 1.435 persoas.
En Vilaboa o obxectivo será realizar test a 158 persoas de idades comprendidas entre os 15 e 19 anos o día 4 de xullo tamén no punto Covid do aparcadoiro exterior do Hospital Provincial de Pontevedra.
Desde o Sergas informan que este tipo de iniciativas seguiranse realizando en todos os distritos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés con novas planificacións e ampliacións que se requiran.