Ningún dos estudantes 'desconfinados' en Mallorca que viaxan cara a Galicia é de Pontevedra
Por Natalia Puga
Ningún dos estudantes que este xoves regresan a Galicia tras ser ' desconfinados' en Mallorca pertence ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. En total, no barco fretado polo Goberno balear ata Valencia hai 21 estudantes galegos, todos eles da Coruña.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que, tras aterrar, sométeselles a unha proba PCR e os negativos viaxan a Galicia en autobús mentres que para os positivos optouse por unha ambulancia.
A falta de coñecer os resultados deses estudantes -deron negativo en Mallorca, pero poden positivar nos próximos días-, os casos positivos en Galicia asociados ao macro brote ascenden xa a 157, dous máis este xoves que o venres. Deles, o grupo máis numeroso é de Pontevedra, con polo menos 103 positivos confirmados na área sanitaria.
Feijóo lembrou este xoves a necesidade de seguir cumprindo as restricións aprobadas para facer fronte á pandemia e criticou que en Mallorca houbo "un incumprimento sistemático das normas" Así, tachou de "sorprendente" que chegase a celebrarse unha festa nunha praza de touros na que moitos estudantes se levantaron e quitaron as máscaras e tamén que puidesen seguir a festa no paseo marítimo e as praias. El cre que a festa "tiña que interromperse" cando se detectaron os primeiros incumprimentos.
A nivel xeral, lembrou que é necesario usar máscara en interiores e que en exteriores tan só pódese quitar se se respecta a distancia de seguridade. En base a iso, asegurou que "se cumprimos as normas, temos un nivel de seguridade alto, e se non o facemos, a seguridade desaparece e os contaxios multiplícanse".
Tamén fixo unha referencia aos botellóns que se detectaron en distintas zonas de Galicia, entre elas Pontevedra, aínda que o mandatario galego non quixo especificar e limitouse a dicir que "como veciño de Galicia vexo concentracións ilegais, e hai xente que chama para denuncialas e non reciben atención ou chega moi tarde".
Eses botellóns, "un disparate contra a saúde pública" e outros incumprimentos provocaron qe os afectados sexan os profesionais da hostalería. "Se cumprimos as normas, o ocio é posible. Se incumprimos as normas, o ocio está nunha situación delicada", lembrou
Ademais, adiantou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, manterá unha reunión con responsables das policías locais e a Policía Nacional para pedir máis atención ao botellón, que están prohibido. "Estamos vendo que debería a Policía Local e Nacional actuar de forma máis rápida e máis preventiva", indicou.
Relacionadas:
-
Pontevedra confírmase como a zona de Galicia máis afectada polo brote de Mallorca, con 125 positivos
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria rexistra 60 contaxiados máis nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez |
-
O brote de Mallorca xa supera os 100 positivos en Pontevedra, 14 deles, estudantes que regresaron en avión o martes
Por Natalia Puga |
-
"Cada vez estamos teniendo más jóvenes en hospitales. Parece que está cambiando la foto"
Por Oskar Viéitez |
-
O lecer nocturno paga os pratos rotos da viaxe de estudantes pontevedreses a Mallorca
Por Manu Otero |
-
O brote de covid-19 derivado de viaxes de estudantes a Mallorca xa ascende a 80 positivos en Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada