250.000 árbores serán plantadas dentro do Plan de Reforestación en zonas afectadas polos incendios
Por Redacción
O plan de contratación forestal para o Concello de Cerdedo-Cotobade está en marcha despois da sinatura que o alcalde, Jorge Cubela, estampaba no convenio con Climate Project by CO2 Revolution.
Esta proposta contempla a contratación dun mínimo de 10 persoas para plantar árbores desde outubro do 2021 ata abril de 2022. O obxectivo é reforestar zonas afectadas polos incendios forestais durante os anos anteriores con 250.000 árbores que irán destinadas ás comunidades de montes de Tenorio, Borela, A Chamadoira, Cobas, Quireza, Rebordelo, Loureiro, Vilar e Casal.
Estas accións buscan tamén un obxectivo social para lograr a inserción persoal e previr o risco de exclusión. A entidade comprométese a promover o equilibrio da convivencia e da participación social.
Establécese un plan formativo para facilitar ás persoas contratadas novos coñecementos educativos e formativos específicos dentro dos obxectivos de desenvolvemento sostible que se recollen na Axenda 2030 das Nacións Unidas.
O Concello de Cerdedo-Cotobade figura nun proxecto pioneiro en España que busca a recuperación ambiental dos montes que se viron afectados por incendios forestais. O proceso permitirá reforestar máis de 462 hectáreas do municipio afectadas polo lume no ano 2017.
Na actualidade xa se iniciaron os traballos en Borela coa plantación de 10.000 exemplares que se estenderán ao resto de comunidades de montes. Entre outras especies plantaranse Pinus Pinaster, Pinus Radiata, Castanea Hibrida, Prunus Aviam, Quercus Robur e Betula Alba.
Relacionadas:
-
Plantan 3.050 árbores en terreos arrasados polo lume en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade activará dúas brigadas e un camión motobomba para a prevención e extinción de incendios
Por Redacción |
-
Os concellos contratan desempregados para a prevención de lumes forestais
Por Redacción |
-
Activado o Comité Provincial de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais
Por Redacción |