A Garda Civil investiga un participante do Rally de Pontevedra por levar falsificado o número de bastidor
Por Redacción
Durante a xornada do 18 de xuño, compoñentes do Subsector de Tráfico de Pontevedra realizaron un labor de control das documentacións dos pilotos e dos vehículos que formaban parte da proba deportiva do Rally de Pontevedra.
Ao longo desta actividade de control detectáronse algunhas irregularidades. A partir dese momento, compoñentes do Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT), do Subsector, realizaron diversas comprobacións sobre os datos obtidos.
Como consecuencia desta actuación, durante a mañá do mércores 23 de xuño procedían a investigar un dos participantes como presunto autor dun delito de falsidade documental. Trátase dun veciño de Ourense, de 33 anos de idade, segundo a información facilitada pola Garda Civil.
Os axentes comprobaron que o vehículo deste piloto contaba cun bastidor orixinal recortado e, no seu lugar, habíase soldado outro pertencente a un vehículo de iguais características. Tras a comprobación instruíronse dilixencias por unha falsificación do número de bastidor e remitiuse a denuncia ao Xulgado de Garda de Cambados.
Relacionadas:
-
Víctor Senra gaña con autoridade a III edición do Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Rally de Pontevedra, listo para o espectáculo: Estes son os seus horarios
Por Diego Espiño |
-
O Rally de Pontevedra segue adiante con Víctor Magariños na memoria
Por Diego Espiño |
-
Falece o piloto Víctor Magariños cando recoñecía o terreo para o Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz | Creada e actualizada