Co verán, volve o Cuntilín, que facilita a conciliación con 80 nenos de Cuntis
Por Redacción
Un verán máis, volve o Cuntilín a Cuntis. O programa facilita a conciliación entre o 23 de xuño e o 7 de setembro e ten este ano 80 prazas.
Este espazo educativo de lecer, no que os seus protagonistas teñen idades comprendidas entre 3 e 16 anos, está integrado no servizo destinado á conciliación dá vida familiar e laboral.
O Cuntilín celébrase nas instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García e no pavillón municipal de deportes e permanece aberto todos os días hábiles, de luns a venres en horario de 8:45 a 14:15 horas agás a semana das Festas Patronais de agosto, que estará pechado.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, lembra que Cuntilín Verán é un programa gratuíto e fundamental para cubrir as necesidades en materia educativa, formativa e de conciliación dunha gran cantidade de familias do municipio, por iso é polo que o Concello realiza cada ano "un esforzo económico moi importante para levalo a cabo sen custe para as familias e, a pesar das dificultades introducidas pola pandemia cumprimos o compromiso de reactivalo adaptándoo ás circunstancias sanitarias".
"É un programa irrenunciable para o Goberno e un reflexo claro da aposta do Concello polas políticas sociais", afirma Campos. O Concello asume o 100% do custe deste servizo.
Este ano a "prioridade absoluta" será a seguridade dos nenos e nenas participantes, polo que foi preciso introducir diferentes modificacións con respecto a anos anteriores para adaptarse ás necesidades derivadas da pandemia da covid-19.
Relacionadas:
-
As familias do colexio Don Aurelio reclaman unha profesora de apoio e maior seguridade viaria
Por Redacción |
-
80 nenos de Barro participan no Pazo da Crega nunha nova edición do "Espazo Concilia"
Por Redacción |
-
'Cuntilín' de verán en Cuntis abrirá o prazo de inscricións o martes 1 de xuño
Por Redacción |
-
Aprobado o orzamento de Cuntis para 2021 con máis de 4 millóns de euros
Por Redacción |
-
Cuntis suspende as actividades culturais, deportivas e educativas en locais públicos polo aumento de casos de covid-19
Por Redacción |
-
Cuntilín Nadal volve a Cuntis para facilitar a conciliación familiar nestas datas
Por Redacción |
-
Cuntis abre o prazo para participar no programa municipal de conciliación "Cuntilín"
Por Redacción |