Moreira instará á Xunta para que en ano e medio haxa obras en Monte Carrasco
Por Oskar Viéitez
Como unha "grandísima noticia para Pontevedra" celebrou o voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, a decisión do goberno local de Pontevedra de non recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) que avala o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do hospital de Monte Carrasco.
Nunha rolda de prensa convocada este martes na sede local do PP, Moreira confirmou que agora instará á Xunta para que acelere este proxecto e en ano e medio haxa obras en Monte Carrasco.
Jacobo Moreira, sinalou que esta sentenza é "una bofetada en toda regla, a Lores y a todos estos años de demagogia que ha estado haciendo él con una inversión tan importante y tan necesaria como es el nuevo Hospital", dixo.
"Es una bofetada en toda regla, a Lores y a todos estos años de demagogia"
Ademais dun revés xudicial ás teses defendidas polo goberno capitalino a sentenza, Moreira valorou especialmente a "filosofía de su mensaje puesto que viene a hablar de la importancia de una infraestuctura como es el Hospital".
Moreira celebra que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, "deje por fin el camino libre para el nuevo hospital", o que intrepreta coma que o rexedor "no quiere marchar quedando como el alcalde que frenó el proyecto más importante para Pontevedra desde que se hizo la autopista".
Os voceiro popular aplaudiu que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores "asuma la recomendación realizada hace algunos meses desde Santiago para que se echara a un lado y dejase por fin el camino libre para este importante equipamiento" e comprende que o goberlo local manteña publicamente a día de hoxe o seu discurso contra o novo hospital e a favor da ampliación de Montecelo, "porque políticamente tendría muy complicado justificar la demagógica convocatoria de protestas y manifestaciones de meses atrás".
Finalmente Moreira, foi un pouco máis alá e solicitoulle na súa comparecencia deste martes que "aplique también ese mismo sentido común" con outro importantísimo proxecto que ten pendente Pontevedra, como e o Plan Xeral de Ordenación Municipal, "un documento paralizado entre otras cuestiones porque no quería asumir el nuevo hospital".
Relacionadas:
-
Os socialistas apremian á Xunta para que dote a Pontevedra dun Hospital ÿnico en Montecelo
Por Redacción |
-
A Xunta ten vía libre para construír o Hospital de Monte Carrasco
Por Oskar Viéitez |
-
A conselleira de Sanidade pide ao goberno local que retire os recursos sobre o proxecto do novo Hospital
Por Anxo Lourido |
-
SOS Sanidade Pública agarda xuntar máis de 20.000 pontevedreses contra os recortes en Sanidade
Por Alejandro Espiño |