Cuntis e Moraña volverán ter pediatra cando o Sergas o atope
Por Redacción
A xerencia da area sanitaria de Pontevedra e O Salnés manterá unha xuntanza técnica cos rexedores de Cuntis e Moraña o vindeiro luns 28 de xuño en Pontevedra para estudar alternativas á cobertura de medicina familiar e comunitaria e pediatría nos centros de Atención Primaria de ambas localidades.
Así mesmo, a Administración Sanitaria Pública galega reitera a súa disposición a cubrir cun efectivo a plaza de Pediatría de Atención Primaria nos concellos de Moraña e Cuntis en canto se dispoña dun profesional que acepte dito posto.
Cómpre lembrar que, na actualidade non hai paro na especialidade de Pediatría, de tal xeito que calquera ausencia destes profesionais supón unha importante dificultade de cobertura, polo que, coa situación actual a atención infantil provisionalmente cóbrese desde o centro de Atención Primaria de Caldas de Reis.
Finalmente, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés reitera que en ningún momento se suprimirá o servizo de Pediatría de Atención Primaria en nigún de ambos os municipios.
Relacionadas:
-
Cuntis convoca unha xunta de portavoces para reclamar persoal para o seu centro de saúde
Por Redacción |
-
A ausencia do servizo de pediatría en Cuntis e Moraña chega ao Parlamento galego
Por Redacción |
-
A xerencia da área Sanitaria defende que se manterá a atención pediátrica en Cuntis e Moraña
Por Redacción |
-
Convocan unha concentración para reclamar a reposición do servizo de pediatría en Moraña
Por Redacción |
-
Cuntis volve quedar sen pediatra e pide celeridade ao Sergas para recuperar o servizo
Por Redacción |