A partir do próximo agosto, quen teña que renovar ou facer un novo Documento Nacional de Identidade non precisarán acudir a un estudo de fotografía para levalas ao pertinente trámite administrativo nas correspondentes dependencias policiais. Un cambio que responde ao novo modelo de DNI que establece o regulamento europeo de reforzo da seguridade dos documentos de identificación dos cidadáns da UE, aprobado en xuño de 2019.
Este regulamento non especifica que se teña prescindir destes profesionais, xa que cada país membro establece a fórmula para axustarse ás máximas de seguridade que fixa a Unión. No caso de España, a previsión que contempla o Goberno é que esas fotografías que ata a data fanse en establecementos profesionais, realícense nas respectivas comisarías onde se tramita os DNI.
Preguntamos en PontevedraVIva Radio que prexuízos supoñerá para este sector o cambio?, están a manterse conversacións co Ministerio do Interior para buscar alternativas que non deixen fose aos estudos de fotografía?, que solucións van aplicar outros países europeos?, como repercutirá ao cidadán?.
Son cuestións que responde no podcast do 'Cara a cara'Fernando Piñeiro Filgueira, xerente de Olimpio Fotografías, quen sinala que este cambio supoñerá un "pau" para os seus negocions xa que esa perda sumarase á que veñen repercutindo consecuencia da pandemia: "vimos desde 2020 que practicamente non se fixo nada de fotografía social, de eventos e que se están aprazando para o ano próximo".