Benito Corbal xa está cortada ao tráfico para iniciar a súa peonalización
Por Diego Torrado
A primeiras horas desta mañá do martes 8 pechouse ao tráfico a rúa Benito Corbal para acometer a súa peonalización. Durante as últimas semanas finalizaron os traballos previos que permiten que o tráfico inverta o seu sentido nas rúas Cruz Gallástegui e Castelao dende hoxe.
A Policía Local pon en marcha un operativo especial de tráfico durante o tempo en que se desenvolvan estas obras. Os vehículos que circulen pola rúa Benito Corbal serán desviados cara a Blanco Porto en dirección Cruz Gallástegui e Castelao. Dende aí pódese acceder á rúa Sagasta e a Daniel de la Sota, cara a Cobián Roffignac. O acceso á Praza de Barcelos realizarase, dende Benito Corbal, a través de Vasco da Ponte.
Varios estacionamentos de servizos cambian a súa situación:
- Trasládase a parada de taxis de Benito Corbal á rúa Daniel de la Sota, marxe esquerda no novo sentido de circulación. A marxe dereita quedará como zona de estacionamento para servizos para toda clase de vehículos e cun tempo máximo de 15 minutos.
- O aparcadoiro de motos da rúa Daniel de la Sota trasládase a Cobián Roffignac ao inicio desa rúa.
- Permitirase o acceso aos garaxes e aos servizos atendendo ao desenvolvemento das obras.
Nos primeiros días, a Policía Local alerta da posibilidade de que se produzan nesa zona complicacións de tráfico polo cambio de direccións e recomenda evitar a circulación polas rúas dese ámbito.
Ao longo de 2014, a peatonalización que se inicia agora en Benito Corbal, cun orzamento próximo aos 168.000, continuará nas rúas Cruz Gallástegui, Castelao e Sagasta.
Relacionadas:
-
"Normalidade absoluta" no primeiro día de corte ao tráfico de Benito Corbal para a súa peonalización
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Policía Local prevé atascos polas obras de Benito Corbal
Por Redacción |
-
O 8 de outubro, data prevista para o inicio das obras de peonalización de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |