O Abrente gaña un concurso de matemáticas para colexios e institutos de Galicia e do norte de Portugal
Por Redacción
O alumnado de 3º curso de ESO do colexio Abrente de Portonovo acadaron gañaron o concurso "Matemáticas na Raia" organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de profesorado de Educación Matemática) e na que participaron colexios e institutos de Galicia e do norte de Portugal.
Debido as restrincións da pandemia non se puido celebrar a xornada de convivencia co colexio gañador do norte de Portugal pero este luns realizaron un roteiro matemático polas rúas de Portonovo acompañados da secretaria da asociación, Pilar García Ares.
O acto de entrega de diplomas e agasallos realizouse na Casa Mariñeira de Don Fernando en Portonovo coa presenza dos concelleiros de Cultura e Educación, Paz Lago, e Xuventude, Daniel Arosa.
Este premio pecha un curso exitoso no que tamén outros cursos acadaron importantes premios. En concreto, o curso de 6º de primaria clasificouse para a final do Rebumbio Matemático, organizado polas mesma asociación e o curso de 1º de ESO acadou un segundo premio autonómico no Rally Matemático sen Fronteiras.
Ademais o alumno Pablo Soutullo Parada acadou o quinto posto no Concurso Matemático Pangea que se celebrou a nivel nacional.