La Primitiva volve repartir sorte en Pontevedra cun premio de 734.000 euros
Por Redacción
A Pontevedra volveulle a sorrir a sorte no sorteo da Primitiva. Un boleto selado na cidade foi o afortunado gañador dun premio de 733.943 euros.
O seu propietario ou propietaria logrou acertar os seis números da combinación gañadora do sorteo deste sábado, que foron 8 - 15 - 19 - 29 - 38 - 48.
O complementario, innecesario para o gañador do sorteo, foi o 37.
O boleto foi rexistrado na Administración de Loterías número 2 de Pontevedra, situada na rúa Joaquín Costa, segundo informan desde Loterías e Apostas do Estado.
Ademais do de Pontevedra, houbo outro gañador de primeira categoría (seis acertos) no sorteo da Primitiva. Foi unha persoa que xogou en Pamplona.
Relacionadas:
-
Alegría en Raíña Vitoria: un acertante da Bonoloto gaña un premio de 606.000 euros
Por Alejandro Espiño |
-
Un apostante na lotería hípica gaña máis dun millón de euros cun boleto selado en Pontevedra
Por María José Pita |
-
Poio amence cun novo millonario: 2,4 millóns no sorteo da Bonoloto
Por Alejandro Espiño |
-
A sorte sorrí a O Grove e Cambados: reparten 6 millones na Lotaría de Nadal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Dous quintos premios da Lotaría de Nadal 'salpican' a Pontevedra, Ponte Caldelas, Moraña, Caldas e Meis
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |