Sanidade prevé vacinar a alumnos de ESO e Bacherelato dúas semanas antes do inicio do curso
Por Alejandro Espiño
A vacinación do alumnado de ESO e Bacharelato, é dicir, nenos e nenas entre 12 e 18 anos, debería comezar dúas semanas antes do inicio do próximo curso escolar. Así o anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nun acto educativo celebrado na Moncloa.
Iso significa que, se se cumpre a previsión das autoridades sanitarias, os maiores de 12 anos poderían recibir a primeira dose da vacina contra a covid-19 entre finais de agosto e principios de setembro, en función de cada comunidade autónoma.
A inmunización dos estudantes será, segundo Sánchez, un "paso definitivo" para recuperar a "normalidad académica y social" en todo o país.
"Vamos lanzados en la vacunación, vamos récord tras récord en las dosis que estamos administrando a lo largo de los días, vamos recuperando el empleo. Gracias a la comunidad educativa también ha sido posible", celebrou o dirixente socialista.
A pesar do dito polo presidente, o certo é que a vacinación dos adolescentes dependerá, en todo caso, das autorizacións da Axencia Europea do Medicamento que, por agora, só permite o seu uso en menores de 12 a 15 anos.
Ademais, haberá que analizar como se realizaría esta vacinación. Varias comunidades suxeriron que as inxeccións do soro fáganse nos propios centros educativos, unha posibilidade que non descarta a ministra de Educación, Isabel Celáa, por cuestión de loxística.
Relacionadas:
-
O luns 5 de xullo poderá empezar a pedirse a autocita para vacinarse en Galicia
Por Natalia Puga |
-
Un problema coa subministración de vacinas ocasiona longas colas no Recinto Feiral
Por Diego Espiño |
-
Xornada sen apenas cambios con 119 casos activos e só tres contaxios novos
Por Alejandro Espiño |
-
Tímido descenso dos casos activos e dos hospitalizados por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia vacinará os menores de 40 anos a partir de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Fora máscaras en espazos exteriores, ansias ou prudencia?
Por Marisa Ciordia |
-
Sanidade xa vacina contra a covid-19 aos pontevedreses entre 40 e 49 anos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |