Areoso 'líbrase' de 1.100 quilos de residuos depositados no seu fondo mariño
Por Redacción
O illote de Areoso, na Illa de Arousa, foi este sábado o escenario dunha nova xornada de limpeza dos fondos mariños. Ata 53 persoas participaron nesta actividade voluntaria, organizada por Abanca e Afundación no marco do proxecto Plancton.
Durante esta xornada lográronse retirar uns 1.100 quilos de residuos que estaban depositados na contorna de Areoso. Entre os participantes atopábanse o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, e o conselleiro delegado da entidade, Francisco Botas, que se sumaron ao grupo de voluntarios.
A actividade, na que participaron 12 embarcacións, iniciouse ás nove da mañá no porto de Vilanova de Arousa, desde onde partiron os distintos equipos. O grupo de voluntarios, integrado por 14 mergulladores entre navalleiros da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa e socios do Club Subacuático Pérez-Sub, traballou durante dúas horas nas inmediacións do illote.
Os demais voluntarios foron os encargados de subir os residuos ás embarcacións, para transportalos finalmente a porto e proceder alí aos labores de clasificación e pesado.
O lixo retirado do mar foi, fundamentalmente, nasas e grandes conxuntos de redes e cabos enmarañados extraviados durante o exercicio da actividade pesqueira, así como unha serie de obxectos procedentes de terra firme.
"Foi unha experiencia moi enriquecedora compartir esta xornada cos profesionais do mar e cos outros voluntarios e poder coñecer de primeira man o esforzo que supón tratar de recuperar os nosos espazos naturais", explicou Juan Carlos Escotet.
Nesta nova xornada de voluntariado ambiental, participaron, ademais, outras entidades como o Concello da Illa de Arousa, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), Protección Civil de Vilanova de Arousa e o Servizo Marítimo da Garda Civil.
Coa acción deste sábado, son xa case tres toneladas de residuos as que se retiraron das costas e fondos mariños desde o inicio do programa Plancton no mes de abril.
Relacionadas:
-
Limitación de fondeos e visitas ao Illote Areoso a partir da Semana Santa 2023
Por Redacción |
-
Os sistemas de recollida selectiva do Porto de Marín retiraron preto de 1.200 toneladas de residuos o pasado ano
Por Redacción |
-
Xunta e Concello regularán o uso do illote Areoso para protexer os seus valores naturais
Por Redacción |
-
Retiran máis de 400 quilos de residuos da praia da Lanzada en apenas catro horas de traballo
Por Redacción |
-
Os fondos marisqueiros de Cambados, limpos de tonelada e media de residuos
Por Redacción |
-
Concienciar na loita contra o lixo mariño, iniciativa da Xunta coa campaña 'Bye, Bye plástico'
Por Redacción |
-
Limpan o leito do río da Gándara entre Alba e Cerponzóns
Por Redacción |
-
Un grupo de voluntarios retiran en Ons 380 quilos de residuos e plantas invasoras
Por Redacción |
-
Voluntarios do programa Plancton retiran 177 quilos de lixo mariño das praias de Cortegada
Por Redacción |
-
Limpan con mergulladores os fondos de Areoso e retiran máis dunha tonelada de lixo
Por Redacción |