A máscara non será obrigatoria ao aire libre a partir do próximo sábado 26 de xuño
Por Natalia Puga
A partir do sábado 26 de xuño as máscaras deixarán de ser obrigatorias ao aire libre en toda España. Así o anunciou este venres o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante unha intervención no Cercle dÈconomía en Barcelona na que celebrou que "este será el último fin de semana con mascarillas en los espacios al aire libre".
O mandatario explicou que o vindeiro xoves 24 de xuño celebrarase unha reunión extraordinaria do Consello de Ministros para adoptar esa decisión.
Con este anuncio, Sánchez pon fin a semanas de incerteza sobre unha medida que se avanzou de fronte ao verán e que, en todo caso, adoptarase coa condición de que se respecte a distancia de seguridade.
Desta forma, en espazos ao aire libre a poboación quedará exenta de máscara, pero a condición de que se poida garantir que se respecta a distancia interpersoal.
En interior seguirá sendo obrigatoria, como ocorre desde hai xa 13 meses, pois a obrigatoriedade da protección facial acordouse para toda España en maio de 2020.
REACCIÓNS
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva foi unha das primeiras autoridades en dar a "benvida" a esta decisión do Goberno de Pedro Sánchez, que considera que será "un aliciente" para favorecer a mobilidade turística pero tamén "para a cultura ou o deporte".
Carmela Silva lembrou que o uso da máscara "foi un dos instrumentos que permitiu deter os contaxios, pero certamente desexamos todas e todos poder non usala en espazos libres". Dito isto, a mandataria socialista fixo "un chamamento á responsabilidad individual. O virus segue aquí".
Relacionadas:
-
Maioría de xente con máscara no primeiro día sen que sexa obrigatorio o seu uso ao aire libre
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Adeus á máscara en exteriores (salvo nas terrazas de hostalería) se mantemos as distancias
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade establece o nivel medio de restricións en Poio
Por Diego Espiño |
-
O fin da máscara no exterior, sen data: Feijóo confía en "non chegar tarde" a esa decisión
Por Alejandro Espiño |
-
As máscaras serán de uso obrigatorio na rúa a partir deste xoves
Por Oskar Viéitez |
-
As máscaras serán obrigatorias nos espazos pechados e na rúa se non se garanten os dous metros de distancia
Por Redacción |