A Lama destina 46.000 euros ao pavimentado dos camiños de Racelo e Sucastro
Por Redacción
O Concello da Lama rematou as obras de mellora e pavimentación dos camiños de Racelo e Sucastro, cun investimento total de 46.000 euros procedentes do remanente de tesourería do que dispón a administración local pola súa situación de equilibrio orzamentario e solvencia económica.
Esta actuación levada a cabo en ambos os camiños permitirá mellorar a accesibilidade rodada ás vivendas existentes así como dos vehículos de emerxencias e ambulancias que antes tiñan moi difícil o seu paso pola estreiteza das vías.
Os traballos realizados no camiño de Racelo e no de Sucastro centráronse en mellorar o pavimento existente, ancheando o vial nos lugares nos que se puido e tamén favorecendo a creación de sistemas de drenaxe para evitar que no inverno, pola acción das intensas choivas, fórmense balsas de auga en diversas zonas do traxecto.
Tamén se melloraron nalgúns lugares as taxeas, colocáronse tubaxes para canalizar as augas pluviais e modificáronse peraltes no pavimento para favorecer a evacuación das choivas.