A Facultade Ágora acolle un último seminario sobre "Mobilidades alternativas" antes do parón do verán
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra vai pechar este venres a primeira parte do curso da Facultade Ágora sobre espazo público, cun seminario sobremobilidades alternativas. A actividade da Facultade Ágora interromperanse durante os meses de xullo e agosto.
Como balance dos relatorios, coloquios e clases maxistrais celebradas ata o de agora, o deputado Uxío Benítez salientou que "se superaron as expectativas" grazas á "altísima participación" por parte do alumnado e ás "felicitacións continuas" do plantel docente polo innovador da proposta.
Benítez destaca que a Facultade Ágora xurdiu como un curso de formación para o persoal técnico e político dos concellos sobre como tratar o espazo público e priorizar ás persoas dende unha perspectiva pluridisciplinar, con docentes de 14 titulacións diferentes.
"A Facultade supón un formato innovador. A nosa iniciativa principal, a Rede Ágora de Concellos, o que pretende é que no 2023 os concellos da provincia teñan recuperado espazo público para os peóns, e estamos tendo unha moi boa resposta porque as persoas asistentes están interesadas en saber como se deben facer ben os redeseños das vilas e cidades", subliñou o nacionalista.
Dende un inicio, lembrou o deputado, matrículáronse mais de 210 persoas na Facultade, o que xa amosou unha moi boa acollida sobre a temática a abordar.
Ademais, a participación real en directo está a ser de entre 170 e 190 persoas por seminario, ás que se suman as que fan as visualizacións das xornadas en diferido por cuestións laborais. Tamén lembrou que todas as persoas relatoras están a felicitar á Deputación pola novidade coa que se está a abordar o tema. "É unha grande satisfacción ser recoñecidos", subliñou.
Na xornada deste venres reflexionarase sobre a necesidade de introducir outras "Mobilidades Alternativas" non motorizadas nas vilas, principalmente camiñar, pero tamén a mobilidade ciclista. De feito, debaterase sobre o papel de medios como a bicicleta, o transporte público e o transporte colectivo na recuperación do espazo público para as persoas, a súa relación coa autonomía infantil, as infraestruturas necesarias, e a xestión e a regulación de bicicletas e transporte público, con especial atención ás condicións dos hábitats urbanos.
Participarán o xeógrafo, matemático e técnico urbanista Alfonso Sanz, que traballou como consultor en máis de 30 cidades españolas, colaborando na súa planificación urbanística e de mobilidade; tamén o arquitecto, doutor en Urbanística e Ordenación do Territorio e experto en cidades en desenvolvemento, mobilidade sustentable, análise espacial, planificación e modelado de fluxos peonís José Carpio-Pinedo; a responsable da Oficina Metropolitana da Bicicleta de Barcelona (AMB) e coordinadora da Rede de Cidades pola Bicicleta, Silvia Casorrán; o arquitecto urbanista e doutor en Goberno e Proxecto do Territorio pola Politécnica de Milán, cuxa tese versa sobre a evolución de la Cidade Difusa das Rías Baixas, Martín Barreiro; e finalmente o enxeñeiro especializado en planificación do transporte e coordinador de Contidos da Facultade Ágora, Fernando Nebot.
Péchanse con este seminario os dous primeiros bloques da Facultade Ágora, o do bo urbanismo centrado na planificación dos espazos públicos, e o da boa mobilidade, no que se falou do tráfico necesario e de como debe ser a mobilidade para que as persoas teñan a prioridade nos seus desprazamentos.
As clases retomaranse o 3 de setembro con visións máis plurais sobre o espazo público, falando dos diferentes hábitats e tamén introducindo a parte económica, comercial, as problemáticas sanitarias, infantil, de xénero e de persoas con discapacidade.
Relacionadas:
-
A Facultade Ágora abordará o xogo libre da infancia no espazo público como indicador de calidade nas cidades
Por Redacción |
-
Uxío Benítez traslada a un foro na Coruña a 'Fórmula Ágora' para fomentar o espazo público
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexiona sobre o ‘Hábitat saudable e biodiverso’
Por Redacción |
-
Retornan as sesións da Facultade Ágora coa directora de Saúde Pública da OMS
Por Redacción |
-
A Deputación concederá axudas aos concellos por 2,2 millóns de euros para peonalizacións
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ágora preséntase na Xornada sobre a Nova Bauhaus Europea
Por Redacción |
-
O Ministerio de Transportes recoñece á Rede Ágora da Deputación como unha iniciativa aliñada coa Nova Bauhaus Europea
Por Redacción |
-
Expertos cuestionan os patinetes e coches eléctricos como elementos de mobilidade alternativa
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora analiza a redución do tráfico de paso e de transporte de mercadorías
Por Redacción |
-
Cuarta sesión da Facultade Ágora co recoñecemento dos peóns como base das cidades sustentables
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexionará sobre ‘As persoas primeiro’
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexiona sobre as cidades que coidan as persoas e limitan os vehículos
Por Redacción |