Comeza a instalación de fibra óptica en diversos lugares de Cerdedo Cotobade
Por Redacción
Os traballos para a instalación dun tendido de liña de fibra óptica nos lugares de Serrapio, Pedre, Deán, Loureiro, Cerdedo, Barro, O Casal, Mouteira e Vilar comezarán en breve unha vez superados os informes técnicos previos á acometida desta importante infraestrutura nesta zona do municipio e que suporá que se poida superar a fenda tecnolóxica que padecen moitos fogares e empresas en Cerdedo-Cotobade.
O proxecto técnico presentado contempla a instalación dunha central de cabeceira na Rúa Ourense, no 64, localizada na oficia de Correos da vila de Cerdedo, mentras que a rede restante apoiarase, principalmente, nas canalizacións de telefónica existentes e soportadas por postes ou mesmo actuando, nalgúns casos, en fachadas de edificacións.
Esta instalación deberá respectar en todo momento as proteccións existentes nos distintos entornos sendo preciso dispoñer das autorizacións sectoriais oportunas para obra civil así como as actuacións nos edificios protexidos ou espazos catalogados que figuran nos distintos lugares por onde se vai a establecer o tendido.
En todo caso, desde o Concello de Cerdedo-Cotobade instouse xa á empresa instaladora a que en edificios protexidos se abstengan ou eviten ao máximo as actuacións ou pasos das liñas por fachadas e, en todo caso, Concello de Cerdedo-Cotobade deberán dispoñer de autorizacións sectorais que correspondan antes de efectuar estas instalacións en edificios públicos ou privados que cumpran estas características.
Pola súa banda, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, insiste na necesidade de incorporarse ás autoestradas da comunicación respectando os elementos patrimoniais existentes no trazado por onde pasen as novas liñas a instalar e sinalou que “é unha demanda da veciñanza que temos que impulsar e satisfacer canto antes para non perder o tren do progreso e evitar así que nos afecte calquera fenda tecnolóxica. Pese a todo, seguiremos vixiantes para que as cousas se fagan como debe de ser e se preserven as normas de protección patrimonial que garanten a conservación e o coidado dos bens públicos e privados existentes”.
Cubela manifestou o seu desexo de que “a alta velocidade en internet chegue a todos os recunchos do noso municipio non so para que se beneficien negocios e empresas senón tamén os fogares de centos de veciños que teletraballan ou mesmo as novas xeracións que teñen nesta rede un novo modelo de enteder as súas relacións sociais e a súa formación persoal e académica de cara ao futuro”, indicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade.
Relacionadas:
-
Compromiso para que o 100% das vivendas de Cerdedo-Cotobade teñan fibra óptica este ano
Por Redacción |
-
Inician a instalación de fibra óptica en Carballedo e a zona alta de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Continúa a instalación de fibra óptica despois de rematar en Tenorio e Viascón
Por Redacción |