200.000 euros para renovar a cuberta da tendedeira de redes no Porto de Marín
Por Redacción
Durante os últimos días iniciáronse as obras para retirar a antiga cuberta da tendedeira de redes que se atopa nas instalacións portuarias de Marín. Cambiarase por un cuberta panel sándwich e ferros de policarbonato.
Tamén se realizará a rehabilitación de paramentos verticais con saneado e repintado. A estes traballos unirase a reposición de ventás e portalóns de corredera. A Autoridade Portuaria de Marín acomete esta renovación completa da cuberta da tendedeira dentro das obras previstas no apartado de actuacións no sector pesqueiro do Plan de Investimentos da entidade marinense.
O prazo previsto para acometer estas intervencións é de cinco meses. Os traballos iniciáronse en maio e execútaos a empresa Construcciones Orega cun investimento que rolda os 200.000 euros.
Relacionadas:
-
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra investirá 37 millóns de euros en catro anos
Por Redacción |
-
Intensifícase a campaña de pesca conxelada no Porto de Marín coa descarga de 5 buques
Por Redacción |
-
Os barcos pesqueiros de Marín empregarán un modelo matemático para mellorar a rendibilidade económica
Por Redacción |