A Xunta ten vía libre para construír o Hospital de Monte Carrasco
Por Oskar Viéitez
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso contencioso administrativo interposto polo Concello de Pontevedra contra a decisión da Xunta de construír un novo hospital en Monte Carrasco.
Segundo valorou politicamente o concelleiro César Mosquera, o Executivo galego queda agora sen escusas para construír esta infraestrutura sanitaria porque o Goberno local descarta recorrer ao Tribunal Supremo. Mosquera cualificou de "xogos florais" a escusa da Xunta xa que, segundo dixo, "a Xunta non ten intención algunha de facer o Hospital".
A propia Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, remitiu unha carta hai uns meses ao alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurando que os seguintes pasos para construír o hospital de Monte Carrasco estaban hipotecados por este recurso.
Este recurso, desestimado polo Alto Tribunal galego, pretendía anular o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do novo hospital.
O Concello aínda mantén un recurso contencioso polo desdobramento da estrada PO-542 entre O Pino e Bora que dará acceso a ese hospital "sen embargo esta circunstancia non supuxo ningunha traba para que a Xunta faga esta estrada".
O concelleiro de infraestruturas, César Mosquera, asegurou que a decisión do TSXG non é unha derrota política e reiterou a vontade municipal do goberno local de retomar a ampliación de Montecelo, insistindo que son outras as razóns que manteñen paralizado o proxecto de Monte Carrasco, entre outros argumentos, citou que o Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo "non ten intención algunha de construír ou novo hospital".
Relacionadas:
-
Moreira instará á Xunta para que en ano e medio haxa obras en Monte Carrasco
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta remata a primeira fase do acceso ao Hospital de Monte Carrasco
Por Oskar Viéitez |
-
Antón Louro recoméndalle á conselleira de Sanidade que deixe de enganar co hospital de Monte Carrasco
Por Redacción |
-
A conselleira de Sanidade pide ao goberno local que retire os recursos sobre o proxecto do novo Hospital
Por Anxo Lourido |