Os feirantes temen non poder instalar as súas atraccións este verán en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, reuniuse con representantes da asociación galega de propietarios de atraccións de feira para coñecer a situación deste colectivo en relación coa programación das festas de verán de Pontevedra.
Segundo a información que traslada o PP, este colectivo asegurou que solicitaron en tres ocasiones reunirse co Concello e que as súas peticións foron ignoradas, a primeira en novembro do ano pasado. "Es sangrante la falta de diálogo del Gobierno local con un sector que lleva prácticamente dos años sin poder trabajar", mencionou o popular.
A asociación trasladou a Domínguez o seu temor a que o Concello non conte con eles para as tradicionais festas da cidade dentro da programación estival. A primeira cita á que fixeron referencia foi a festa do Santiaguiño, no barrio do Burgo, na que contan con que o Concello non lles permita traballar.
"La presencia de este sector va más allá de la economía. Es una inyección económica muy importante para la ciudad, pero tiene un gran peso social que Pontevedra no se puede permitir perder", dixo o portavoz popular.
Domínguez escoitou cada unha das peticións da asociación, desde a que se defende que o Concello está fóra de prazo para a redacción dunhas novas bases que regulen a instalación e funcionamento das atraccións de feira.
Segundo Rafa Domínguez, "no solo sorprende la poca consideración que se tiene con este colectivo, es que en otras ciudades el trabajo ya está más que hecho. Ferrol, Villagarcía, A Estrada, A Guardia, son localidades con el trabajo ya hecho, que han diseñado ya unas bases reguladoras para que este sector pudiese trabajar e incluso han reducido el pago de la tasa municipal por instalarse. Pero en Pontevedra empieza el verano y nos coge con los deberes sin hacer con un sector del que dependen muchas familias".
RESPOSTA MUNICIPAL
A concelleira de Festas, Carme da Silva reiterou a postura do Concello de Pontevedra neste tema "nós imos propiciar e favorecer, igual que fixemos o ano pasado e coa programación que está en marcha, todas as actividades vinculadas con este sector que sexan viables en función da situación epidemiolóxica e da normativa existente".
Da Silva lembrou que esta normativa é da Xunta de Galicia e que vai cambiando adaptándose á situación sanitaria da pandemia.
A concelleira nacionalista tamén lembrou a "dificultade" que entraña a esixencia dun recinto acoutado no que se instalen as atraccións, que se ten menos de 8.000 metros cadrados terá unha superficie útil ata un máximo de 500 persoas e se o recinto supera os 8.000 metros cadrados, o límite máximo será de mil persoas.
"Nós o que queremos é que as haxa, pero queremos que estén sustentadas cunha norma que o permita facer de forma segura para as persoas que desenvolven esta actividade profesional e tamén para as persoas que van desfrutar desas actividades", dixo Carme Da Silva.