O Xaime Illa acolle os xardíns colgantes deseñados polos centros educativos de Poio
Por Oskar Viéitez
O Centro Cultural Xaime Illa, na parroquia de Raxó, acolle desde este luns 14 de xuño unha exposición organizada por Neves Seara, composta polos deseños de xardíns colgantes que, ao longo da primavera, levou a cabo o alumnado de sete centros educativos de Poio.
A concelleira de Cultura e Educación, Raquel Rodríguez, inaugurou esta mostra, coa que se aposta por dar visibilidade a este "gran traballo" feito para conmemorar o Día da Terra, o pasado 22 de abril.
"AS PEQUENAS COUSAS QUE FAN FELICES AOS NOSOS MAIORES"
"A felicidade das cousas pequenas" é o nome dun proxecto impulsado pola Concellería de Benestar Social e Mocidade, que se vén desenvolvendo desde hai uns meses e que culmina agora coa elaboración e publicación dun vídeo no que as persoas maiores e as crianzas son os grandes protagonistas.
Foi a raíz do reinicio das clases do programa Saudemente cando o departamento dirixido pola socialista Rosa Fernández propuxo aos seus participantes, cuxa media de idade ronda os 80 anos, que expresasen, a través de textos ou debuxos, cales son as cousas que máis felicidade lles provoca.
Unha vez completado o exercicio, os documentos foron remitidos ao IES, onde o alumnado de primeiro de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) procederon a dar voz a estas reflexións.