Establecen "novos filtros de control" no proceso de desmantelamento de Elnosa
Por Alejandro Espiño
A Xunta de Galicia garante que os traballos para o desmantelamento da factoría de Elnosa, no complexo industrial de Lourizán, están a realizarse con "total seguridade", pero a pesar diso decidiu establecer "novos filtros de control".
Así o confirmou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, despois de que o Concello recibise unha serie de requirimentos por parte da administración autonómica. "É unha cuestión que celebramos", sinalou a edil.
Esta comunicación chega despois que o Concello se pedira "rigurosidade" á Xunta no control destes traballos e alertara de "posibles riscos" relacionadas coa "preocupante" presenza de mercurio que, segundo os informes, "poderían afectar á ría".
"Nos alegramos de estes novos condicionantes técnicos establecidos con respecto ás primeiras licenzas porque son máis esixentes", subliñou Gulías, ao entender que estas preocupacións "afondan" na seguridade destes traballos de desmantelamento.
A este respecto, Elnosa pediu unha nova prórroga de seis meses para completar estes traballos, iniciados en abril de 2020. O Concello autorizou esta extensión, o que aumentará ata o próximo mes de decembro o límite para completar esta actuación.
Como Concello, sinalou a portavoz municipal, "non temos ningunha competencia no control ambiental das prórrogas nin podemos interferir de ningún modo", pero garantiu que "estaremos expectantes e vixiantes" durante todo este proceso.
Relacionadas:
-
Deixan sen efecto o plan de emerxencia exterior de Lourizán tras cesar a actividade de Elnosa
Por Redacción |
-
O BNG alerta de contaminación por mercurio en Lourizán e o PP, crítico co alarmismo do Bloque, nega o perigo
Por Redacción |
-
O Concello pide á Xunta que se verifiquen os niveis de mercurio na contorna de Ence-Elnosa
Por Oskar Viéitez |
-
Ence nega que a presenza de mercurio se deba á súa actividade
Por Oskar Viéitez |