75 peregrinos participan na etapa entre Ponte de Lima e Rubiães
Por Redacción
Integrantes da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago realizaron este domingo unha nova etapa na peregrinación que realizan ata a capital de Galicia adoptando as medidas sanitarias.
Nesta ocasión, a etapa transcorreu entre Ponte de Lima e Rubiâes coa participación de 75 persoas. A peregrinación iniciábase na catedral da cidade de Porto, segundo explica o presidente da asociación Tino Lores.
O vindeiro domingo 20 está prevista a realización da quinta etapa entre Rubiâes e Valença do Minho, un percorrido que dará por finalizada a peregrinación en terras de Portugal.
Esta actividade é aberta e poden participar todas aquelas persoas que o desexen co obxectivo de visibilizar o Camiño Portugués a Santiago, segundo explica Tino Lores. A idea é recuperar ao longo deste ano a actividade mostrando gratitude ao Apóstolo Santiago por superar os tempos de pandemia.