Revitalizan a ruta Frei Martín Sarmiento con saída e chegada desde o centro de Cerdedo
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade revitalizou a ruta de sendeirismo que percorreu no século XVIII Fei Martín Sarmiento ao seu paso polo municipio.
Os operarios municipais levaron a cabo diversos traballos de roza e limpeza ademais da sinalización do percorrido circular de 10 quilómetros de sendeiros con saída e chegada na vila de Cerdedo.
O percorrido sae desde Cerdedo e percorre os lugares de Lourido, Cabenca, Meilide, Carballás, Barro e Arén ata regresar de novo ao punto de partida. O nivel de dificultade é baixo e un tempo estimado para poder completar os 10.200 metros do que consta o traxecto de 3 horas e 30 minutos.
O alcalde, Jorge Cubela, sinalou que a recuperación e revitalización desta ruta de sendeirismo está englobada nun proxecto de promoción do concello de Cerdedo-Cotobade como un xeodestino turístico propio marcado pola beleza paisaxística, a riqueza do patrimonio arqueolóxico, histórico e cultural e o fomento de prácticas saudables de do turismo familiar.