Concentracións de dor e repulsa contra a violencia machista
Por Redacción
Durante a xornada do venres, nas redes sociais, colectivos feministas convocaban con urxencia concentracións ante os concellos de toda España para mostrar a repulsa ante a violencia machista.
A aparición do cadáver de Olivia, a nena de seis anos secuestrada xunto á súa irmá Anna en Tenerife, e o asasinato en Sevilla dunha menor de 17 anos, Rocío Caíz, por parte da súa exparella foron o detonante destas convocatorias cidadás para mostrar a dor e a oposición á violencia vicaria e os feminicidios.
En Pontevedra, a convocatoria desenvolvíase ás 22.00 horas na praza de España. Neste chamamento solicitábase levar roupa negra e candeas para homenaxear as vítimas. Diferentes representantes políticos acudiron a esta congregación cidadá. Noutros municipios, como o de Cerdedo-Cotobade, a concentración realizábase ás 20.00 horas. Neste caso, o alcalde Jorge Cubela tamén acudía a este acto.
Os colectivos feministas convocantes fan unha alerta á cidadanía para que non haxa máis mulleres que sufran violencia nin máis criaturas asasinadas. "Se tocan a unha, respostamos todas", manifiestan. Reclaman cambios no sistema para evitar que sigan a producirse máis mortes violentas de mulleres e de menores.
Relacionadas:
-
Nos últimos cinco días houbo 18 casos de violencia machista na provincia, nove deles de risco alto
Por Oskar Viéitez |
-
A "intolerable" violencia vicaria saca á rúa a políticos e institucións
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra tamén di non á violencia vicaria: "Ningún maltratador é bo pai"
Por Redacción & Cristina Saiz |