Limpan os máis de 600 contedores de lixo que hai en Poio
Por Redacción
A empresa responsable da xestión de residuos e recollida do lixo en Poio, Valoriza, comezou cos labores para limpar e desinfectar os máis de 600 contedores que hai en todo o municipio. Esta limpeza afecta aos recipientes de envases lixeiros, vidro e cartón.
Para desenvolver a actuación estase a utilizar un camión especializado e un equipo de hidrolimpeza de alta presión, segundo destaca a concelleira de Servizos, Chelo Besada.
A edil recorda que coa chegada da calor e das altas temperaturas, cómpre ter en conta cuestións como embolsar de xeito axeitado o lixo antes de depositalo nos contedores e, sobre todo, tratar na medida do posible de realizar esta práctica a última hora da tarde ou pola noite.
"Deste xeito axudamos a evitar os malos cheiros e facilítase o labor dos operarios", asegura Besada.
Ademais, entre o 15 de xuño e mediados de setembro a entidade concesionaria procederá a aumentar o número de frecuencias de recollida de papeleiras e limpeza, especialmente en zonas turísticas.
Desde o Concello fan un chamamento á cidadanía para evitar a realización de vertidos de residuos e o abandono de lixo en espazos públicos e recordan o bo funcionamento que está a ter o servizo de recollida de voluminosos, así como o Punto Limpo Móbil.
Relacionadas:
-
Poio acomete actuacións na Biblioteca de Campelo e nos contedores de todo o municipio
Por Redacción |
-
Fomentar a reciclaxe durante o Nadal é o obxectivo dunha campaña do Concello de Poio
Por Redacción |
-
Máis de 700 veciños de Poio solicitaron a recollida de voluminosos durante o primeiro semestre do ano
Por Redacción |
-
Obras, limpeza e servizos son as áreas nas que Poio abrirá procesos de contratación temporal
Por Redacción |
-
Poio rexistra unha "suba importante" na reciclaxe de papel e cartón
Por Redacción |