O PP de Poio pide auga e saneamento para vivendas próximas á Casa do Concello
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O grupo municipal do PP solicita auga e saneamento para varias vivendas que carecen destes servizos básicos na zona da Bouza, na parroquia de San Xoán, pese a estar todas elas a menos de 500 metros da Casa do Concello.
Os populares presentaron unha moción, que se debaterá no pleno de xuño, na que solicitan que o Concello "cumpra a súa obriga de garantir os servizos máis básicos" a preto dunha decena de veciños na rúa Convento.
A edil popular Rocío Cochón explicou que segundo o último informe emitido polo propio concello realizado por técnicos municipais hai máis de 2.000 veciños de Poio sen saneamento, máis de 1.000 sen auga corrente e outros 500 que dependen de pozos, sen tratamento de potabilización.
"É moi triste que tantas familias de Poio non teñan cubertas as súas necesidades máis básicas que son competencia exclusiva do Concello", explicou a popular, "pero cando iso sucede a menos de 500 metros do despacho do alcalde de Sobral e os seus socios debería caerlles a cara de vergonza", concluíu.
O INICIO DAS OBRAS, A PRÓXIMA SEMANA
Respecto desta cuestión o Concello de Poio confirmou a previsión de iniciar a próxima semana os traballos para dotar de servizo de saneamento ás vivendas situadas na contorna da Casa do concello e o Mosteiro.
Trátase dunha actuación que será acometida directamente por operarios municipais, segundo confirma a tenente de alcalde Chelo Besada.
A concelleira lamentou que "unha vez máis o partido da oposición aproveita o inicio dunha obra para facer unha demanda, sendo perfectamente
conscientes de que eses traballos ou se van a iniciar ou xa están en marcha", sinalou.
Relacionadas:
-
Rematan os traballos para dotar de servizos básicos a un núcleo de vivendas da Bouza
Por Redacción |
-
Poio inicia as obras de saneamento no lugar da Bouza e recibe unha sanción por un vertido en Saíñas
Por Oskar Viéitez |
-
Detectan unha empresa que verteu residuos de cemento na ría seguindo o rastro polas arquetas de Raxó
Por Redacción |
-
O goberno local de Poio asegura que xa consolidou actuacións chave antes da metade do mandato
Por Oskar Viéitez |
-
A mellora do saneamento na Seca e no porto de Campelo custará máis de tres millóns
Por Redacción |