O alumnado do Carlos Oroza analiza o que pasa cando se nace nun molde "equivocado"
Por Redacción
Estudantes do CIFP Carlos Oroza tiveron a oportunidade de participar este mércores nunha charla-coloquio ao redor da obra teatral 'Identidade', na que se tratan temas como a diversidade, a libertada e a realidade trans. O autor Nee Barros Fernández explicaba despois ao alumnado os conceptos básicos relacionados coa realidade LGTB.
Esta actividade forma parte do ciclo 'Tranformando ou Mundo', que promove a concellería de Igualdade, que dirixe Yoya Blanco, coa intención de levar a realidada LGTBIQ+ aos centros educativos de ensino secundario.
A sesión iniciábase coa proxección dun vídeo e despois establecíase unha conversación sobre o contido no que se narra a historia de Zé, unha persoa que loita para construír a súa propia identidade.
Nee Barros, o autor, deseñou unha unidade didáctica sobre o teatro en Pontevedra coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e conta cunha canle divulgativa en Youtube.
Estas sesións formativas desenvolveranse ao longo desta semana no IES Montecelo e no Sánchez Cantón. En setembro está previsto que tamén se trasladen ao CIFP A Xunqueira e aos centros IES Torrente Ballester, A Xunqueira II e FreiMartín Sarmiento.
Relacionadas:
-
As "receitas de avoas" que os fogóns do Carlos Oroza converten en alta cociña
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Igualdade leva a realidade trans aos institutos de Pontevedra da man de Nee Barros
Por Redacción |
-
A memoria e a realidade LGTBIQ+ chega a catro institutos da cidade con 'Identidade' e Nee Barros
Por Redacción |
-
A memoria e realidade LGTBIQ+ chega aos institutos de Pontevedra a través da peza documental "Persoas S.A."
Por Redacción |