Grande afluencia de xente á mariscada do Grove
Por Redacción
O alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, mostrouse este sábado moi satisfeito coa multitudinaria presenza de público que está a ter a Festa do Marisco.
O ano en que a festa celebra as súas Vodas de Ouro a vila meca rexistra un grande ambiente na rúa e un bo ritmo de vendas na cita gastronómica, aínda que ata o sábado o primeiro balance era lixeiramente inferior ao do ano pasado.
O bo tempo favoreceu a afluencia de visitantes e iso nótase na carpa que está practicamente chea durante todo o tempo.
Resulta rechamante que a maioría das persoas que se achegaron ás mesas da carpa gastronómica eran visitantes de fóra de Galicia, madrileños e portugueses, principalmente.
Algúns dos prezos na carpa do Corgo son: Porción de empanada de atún 3 euros, prato grande de polbo "á feira" 13 euros, porción de cigalas á prancha 10 euros, 100 gramos de camarón grande 11 euros, ameixas á mariñeira 8,70, arroz de mariscos a 5,50 euros; berberechos 6 euros; lagostinos á prancha 6,60.