A partir do sábado 12 ningún concello galego quedará en nivel alto de restricións
Por Redacción
O comité clínico formado por expertos sanitarios encargado de asesorar á Xunta de Galicia na xestión da pandemia mantiña un encontro na tarde deste martes e decidía establecer o nivel medio de restricións para os municipios de Soutomaior, Mos, Oroso, Viveiro e Xove.
O resto de concellos de Galicia sitúanse no nivel medio baixo. Isto supón que ningún municipio da comunidade atópase no nivel de restricións máximas ou altas. A partir do sábado 12 de xuño, por tanto, cando entre en vigor esta decisión, non haberá ningún Concello nese nivel alto de restricións.
O vindeiro martes 15, o comité clínico volverá manter un encontro para analizar, de novo, a situación epidemiolóxica por municipios. Durante esta xornada tampouco se notificaron falecementos por covid-19 por parte da Consellería de Sanidade.
VACINACIÓNS PREVISTAS PARA ESTE MÉRCORES 9
A xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informa de que este mércores 9 de xuño están convocados para vacinarse:
- 2.800 persoas no Recinto Feiral de Pontevedra durante a mañá e a tarde. Trátase de cidadanía con menos de 50 anos e que recibirá a vacina Pfizer.
- 295 no Hospital Montecelo. Son persoas con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos, que recibirán a segunda dose da vacina Moderna.
- 600 persoas convocadas no recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa durante a mañá. Tamén son menores de 50 anos, que recibirán Pfizer.
Relacionadas:
-
Non haberá límite para as reunións sociais en Galicia a partir do próximo sábado
Por Alejandro Espiño |
-
Só queda un paciente de covid na UCI de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Fora máscaras en espazos exteriores, ansias ou prudencia?
Por Marisa Ciordia |
-
Sanidade xa vacina contra a covid-19 aos pontevedreses entre 40 e 49 anos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |