En Lourido sacan as navallas
Por Diego Torrado
Arrancou este sábado a primeira Festa da exaltación da navalla en Lourido coa aspiración de repartir un millar de racións.
A Asociación de Hosteleiros de Poio e o Concello de Poio organizan esta proposta novidosa para promover tanto esta zona do municipio coma un dos produtos que se extraen da ría.
Ata a media noite deste sábado e durante a mañá do domingo os asistentes poderán saborear "a prezos populares" este molusco baixo tres formas de preparación: á prancha, en tortilla ou en empanada. Tamén hai polbo.
A carpa está instalada nas inmediacións de dous coñecidos restaurantes no paseo de Lourido.