A Policía Local detivo un veciño de Pontevedra por agredir á súa parella
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra informou da detención dun veciño desta capital por un delito de violencia de xénero.
Segundo informaron estas fontes oficiais, os feitos tiveron lugar sobre as 23:30 horas do pasado sábado, 5 de xuño, cando os axentes municipais acudiron a un domicilio a requirimento dun home que manifestou ter a unha persoa que non quería abandonar o seu domicilio.
Este home explicou aos policías que a muller que estaba no seu domicilio negábase a saír do piso, e que tras unha discusión con ela (á que identifica como a súa parella) quere que abandone a vivenda, pero que esta se nega a marchar.
No interior do domicilio atopábase unha muller de 39 anos de idade en compañía dun menor de 6 anos que era fillo do agresor.
Os axentes falaron coa muller que lles manifestou que acababan de chegar para cear fose e que tomaran un pouco de viño. Explica que o home "cada vez que bebe vólvese faltón e agresivo", e que comezaron unha discusión, durante a que el lle propinou un cabezazo na fronte e empuxouna tirándoa ao chan.
A vítima manifestoulle aos axentes que esta non era a primeira vez que a agredía.
Posteriormente, o presunto agresor recoñeceu os feitos, polo que os axentes procederon á súa detención e traslado a dependencias policiais para a súa posta a disposición xudicial.
Relacionadas:
-
Nos últimos cinco días houbo 18 casos de violencia machista na provincia, nove deles de risco alto
Por Oskar Viéitez |
-
Os 'linces', o grupo policial que lle toma o pulso á delincuencia na cidade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Zeivas e Espazo Feminista Marín piden o apoio das institucións contra a violencia machista
Por Redacción |