O ORAL estrea novo local en Pontevedra onde poden realizarse tódolos trámites
Por Redacción
O ORAL, da Deputación de Pontevedra que xestiona desconcentradamente por delegación a xestión tributaria de 54 dos 61 concellos da provincia, estrea este martes un novo local de atención ao público en Pontevedra, situado na rúa de Manuel Palacio, 16.
A directora de servizos do ORAL, Inmaculada Viña, destacou que a Deputación apostou por unha "Administración moderna, aberta e flexible" e engadiu que a nova oficina de atención ao público é produto "dun traballo colectivo e dunha estrutura moi horizontal con alta participación".
"Queremos que a persoa que entra no ORAL marche coa xestión resolta. Ser unha administración pro-activa que esté a altura dunha administración do século XXI e acorde cunha nova gobernanza pública", dixo.
Carlos Font explicou que 101 dos 149 traballadores do ORAL traballan nas oficinas centrais e con esta transformación dáse un paso importante pola eficacia e eficiencia.
O Organismo de Recadación da Deputación atende de xeito presencial, telefónico e telemático a case medio millón de persoas dos 54 concellos delegantes dende os seus 23 centros de atención repartidos polo territorio provincial, nos que se ocupa non só da recadación municipal, senón tamén de servizos complementarios como a xestión catastral, así como o asesoramento técnico para a elaboración de ordenanzas municipais e trámites económico-administrativos.
MEMORIA ANUAL
O ORAL pechou o exercicio 2020 cun índice de recadación voluntaria dun 85,8% sobre os padróns dos impostos e taxas, segundo se recolle na Memoria anual que foi presentada polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font durante a inauguración.
"La responsabilidad de la ciudadanía es ejemplar; tenemos una sociedad muy madura y que cumple con sus deberes tributarios porque entiende que los ayuntamientos prestan servicios imprescindibles que es necesario financiar", afirmou.
É o terceiro ano en que se presenta a Memoria anual "en un esfuerzo de transparencia" e que, nesta ocasión, recolle os datos dun ano "extraordinariamente difícil" marcado pola pandemia e que saldouse con bos resultados gracias ao esforzo do persoal traballando en remoto, a adaptación do calendario fiscal ás circunstancias, os pagos personalizados en ata 6 mensualidades ou o éxito da liña de atención telefónica (máis de 60.000 chamadas atendidas) e da oficina virtual implantada en 2019 (557.000 operacións) ou as ferramentas online como a páxina web e as publicacións en Redes Sociais.
Font explicou que sobre o total de 113,8 millóns dos padróns dos impostos e taxas municipais xestionados de xeito periódico cobráronse globalmente 100,6 millóns, o que supón un índice dun 89,4% de recadación. Ademais, o 85,8% pagouse durante o período voluntario. O dato é aínda maior no Imposto de Bens Inmobles (IBI), que superou o 90% en pago voluntario.
O deputado remarcou que o ORAL xestiona un total de 218,3 millóns de euros en valores (entre impostos, taxas, , sancións de tráfico, e outros ingresos municipais), unha cifra que puxo en valor lembrando que o Orzamento Xeral da Deputación é de 161 millóns de euros. Así explicou que foi necesario tramitar 55.288 expedientes e que a recadación durante o ano pasado foi de 122,8 millóns, similar á do exercicio anterior. Non obstante, será incrementada nos próximos meses, dado que os períodos de cobro resultaron moi afectados pola crise sanitaria COVID19.
Con todo, para o responsable de Economía e Facenda da Deputación o dato máis sobresaínte é o da confianza dos concellos no ORAL."No solo tenemos la gestión de 54 ayuntamientos sobre un total de 61, sino también de 9 entidades locales ( mancomunidades y consorcios) y las delegaciones continúan incrementándose porque el año pasado recibimos 21 noticias, procedentes de 12 ayuntamientos". Ademais destacou que a confianza é total nos municipios de menos de 20.000 habitantes, dado que o 94% deles delega no ORAL. "Los ayuntamientos sienten que esta también es su casa y eso dice mucho del trabajo que aquí se hace".
Relacionadas:
-
O ORAL estrea nova oficina de atención á cidadanía
Por Redacción |
-
O ORAL amplía os servizos e axudará aos concellos a redactar ordenanzas fiscais
Por Redacción |
-
O ORAL recadou preto de 123 millóns de euros no 2019
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación flexibiliza o seu calendario fiscal polo Covid-19
Por Redacción |