Cuarto premio internacional para unha peza audiovisual que promociona as Rías Baixas como destino turístico
Por Redacción
'Sigue o teu instinto' é o título do audiovisual turístico da Deputación de Pontevedra que se engloba na campaña que promocionou durante 2020 ás Rías Baixas como destino turístico e a toda a provincia de Pontevedra.
Este traballo lograba nas últimas horas o Ouro no Tourism Film Festival Turkey 2021 dentro da categoría de produto turístico. Por segundo ano consecutivo, a Deputación obtén este premio conseguido en 2020 con 'Fame de experiencias'.
Trátase do cuarto premio internacional que obtén este traballo protagonizado pola actriz Celia Freijeiro. O Festival de Turquía premiou a 30 cintas en seis categorías: cidades, países, rexións, produto turístico, servizos e vídeos de viaxe.
Esta vídeo é unha obra de Esmerarte Industrias Creativas e chega tras obter o Ouro no festival ITTF África (Cape Town) hai sete días, ademais do The Golden Gate Festival de Berlín e o Fitur Travel Vídeo Competition en Madrid.
O festival turco forma parte do CIFFT Circuit, un espazo do que forman parte catorce certames audiovisuais especializados no sector turístico e no que se premia as mellores pezas promocionais do ano de todo o mundo.
Relacionadas:
-
As Rías Baixas reciben por segundo ano consecutivo un 'Oscar do turismo'
Por Alejandro Espiño |
-
O vídeo promocional 'Sigue o teu instinto' xa suma unha decena de premios internacionais
Por Redacción |
-
Novo premio para a campaña da Deputación "Sigue o teu instinto"
Por Redacción |
-
Fitur premia o audiovisual 'Sigue o teu instinto' da Deputación
Por Oskar Viéitez |