O PP pide ao Concello que acorde cos veciños o novo proxecto para a Variante de Alba
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra esixe ao Concello que acorde a proposta do novo trazado da Variante de Alba cos veciños. O concelleiro responsable de Urbanismo da formación, Pablo Fernández, pediu este luns ao goberno local que "busque un trazado de consenso cos cidadáns e desde logo non apoiaremos ningún proxecto que non teña o visto e prace dos veciños".
Ademais, o concelleiro reclamou xa a proposta completa, "que o Concello aínda non presentou á oposición".
Desde que Raimindo González presentou o proxecto o pasado sábado, os populares mantiveron diferentes contactos con representantes veciñais para tomar o pulso da situación. "O Concello ten que propoñer un trazado que conte coa aprobación dos veciños. Sen o consenso deles nós non apoiaremos ningún trazado, veña de quen veña", insiste o edil do PP, cuxos concelleiros xa teñen fixada unha serie de encontros para seguir coñecendo o sentir veciñal.
"Pedimos que se deixe de ir en contra de parroquias como Lérez, Alba ou Campañó. É básico, antes de presentar calquera idea, que polo menos os veciños expresen as súas ideas, xa que ninguén mellor que eles coñece a súa día a día", recoñeceu Fernández. "Pedimos que o Concello sente e fale cos veciños, e que conte connosco. Que teñan claro que nós tenderemos a man para conseguir un trazado de consenso", remata.
Relacionadas:
-
O PP rexeita a nova proposta para a Variante de Alba por non ter o apoio veciñal
Por Oskar Viéitez |
-
O Consello Parroquial de Alba coñece a proposta do Concello para a Variante
Por Redacción |
-
A Asociación San Bieito de Lérez ve "moi acertado o trazado e o proxecto" municipal para a Variante de Alba
Por Redacción |
-
O Concello remitirá nestes días á Xunta a proposta "urbana" da Variante de Alba
Por Cristina Saiz |