Seguen baixando os casos activos na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
A situación epidemiolóxica da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue baixando a incidencia do covid-19 con 212 casos activos. Este domingo non se rexistran cambios na situación dos hospitais e hai 10 casos activos menos que o día anterior.
Segundo o último balance oficial do Servizo Galego de Saúde, este domingo 6 de xuño o área sanitaria mantén 13 pacientes con covid ingresados en planta de hospitalización. Concretamente están 11 persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés. Ademais hai outros 2 enfermos críticos na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 197 persoas con coronavirus evolucionando nos seus domicilios en estado leve ou asintomáticos.
Segundo informa o Sergas, desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 13.928 pacientes (15 máis que no día de onte) e faleceron por este virus no área sanitaria 181 pacientes.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 661, que se engaden ás 239.239 xa efectuadas desde o inicio da pandemia no área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.851, deles 333 son da área da Coruña, 240 da de Lugo, 158 da de Ourense, 212 da de Pontevedra, 488 da área de Vigo, 324 da de Santiago e 96 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 69 en unidades de hospitalización e 1.767 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.117 persoas curadas, rexistrándose 2.426 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.278.324.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.027.052.