O peche do cruzamento de Rodríguez Seoane e Loureiro Crespo se prolongará até finais de xuño
Por Redacción
O Concello de Pontevedra amplía o peche da rúa Rodríguez Seoane e Loureiro Crespo dende esta fin de semana até o 30 de xuño por mor dos traballos de canalización que se están a facer no cruzamento de ambas rúas, incluídos dentro da reforma urbana de Loureiro Crespo.
Ao respecto de Rodríguez Seoane, a Policía Local mantén o operativo de tráfico que puxo en marcha esta semana polo que o acceso e saída a Rodríguez Seoane e ao barrio dos Salgueiriños continuará pola rúa Estrada coa circulación permitida exclusivamente a garaxes, servizos e clientes do supermercado.
Para permitir esta acción, a rúa Rodríguez Seoane terá dobre circulación durante o tempo que dure o peche con Loureiro Crespo.
Queda prohibido o acceso a Loureiro Crespo agás garaxes e servizos. Entre Rodríguez Seoane e Doce de novembro a entrada será pola rúa Ángel Amor Ruibal (dende a glorieta de Prado Novo), Ramón Cabanillas e Forcarei.
Para acceder a garaxes e servizos tamén se pode facer por Mestre Soutullo até Prado Novo.
Os garaxes de Loureiro Crespo entre Mestre Soutullo e Rodríguez Seoane acceden por Ángel Amor Ruibal.
As saídas serán pola zona en obras. Ao longo do Loureiro Crespo cara Doce de novembro.
A Concellaría de Obras, que xestiona Demetrio Gómez, adianta que a rúa abrirase no momento en que rematen as obras, a ser posible antes do 30 de xuño. Polo tanto pide desculpas polos inconvenientes que estas medidas poidan supoñer e solicita a colaboración veciñal.
Relacionadas:
-
Loureiro Crespo ultima a súa reforma e quedará aberta este venres
Por Redacción |
-
Restricións de tráfico en Loureiro Crespo desde o mércores 7
Por Redacción |
-
Corte de tráfico en Loureiro Crespo e Casimiro Gómez
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra proxecta unha nova gran praza pública en Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |