A Deputación destina 240.000 euros ao ensanche e mellora da estrada de acceso a á igrexa de Perdecanai
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra sacará a licitación de forma inminente as obras de ensanche e mellora da estrada de conexión da N-550 con A Igrexa en Perdecanai, no concello de Barro.
As obras consistirán no ancheamento da vía, ata acadar os 12,60 metros. O ancheamento desta estrada requirirá da demolición de diversos muros situados ao longo da vía e a reposición dos mesmos.
Así mesmo, os traballos incluirán a recollida de augas pluviais e a reposición de servizos ocultos co fin de mellorar a seguridade viaria de dita estrada.
As obras contarán cun orzamento total duns 240.000 euros e permitirán dotar ao citado núcleo de poboación dun acceso con maiores medidas de seguridade tanto para peóns como para o tráfico, evitando os estreitamentos que na actualidade presenta en zonas con cerramentos de fincas e viñedos.