Os funcionarios do cárcere da Lama alzan a voz contra as agresións e a falta de medios
Por Redacción
O colectivo de funcionarios da prisión da Lama concentrouse este venres nas portas do centro penal en sinal de protesta contra a agresión sufrida o pasado 1 de xuño por tres traballadores a mans dun interno. Preto dun centenar de traballadores mostraron o seu desacordo cunha pancarta na que podía lerse: "#prisionessinagresiones".
Co apoio dos cinco sindicatos con representación no centro, os funcionarios queren facer a súa denuncia pola falta de seguridade coa que conviven a diario no seu posto de traballo, que está a facer que a situación sexa "insostible". Quéixanse os sindicatos de falta de persoal, con máis de 70 vacantes sen cubrir, do envellecemento do persoal, da falta de nomeamento como axentes de autoridadade, así como da falta de medios e formación.
De feito, fan referencia a un informa de Institucións Penais que recolle que no centro da ama producíronse 147 agresións graves nos últimos anos. Unha cifra que os sindicatos consideran "escandalosa" aínda que non están de acordo con ela, debido a que "non están contempladas outras agresións menos graves e leves que tamén se producen a diario".
Por todo iso produciuse esta mañá, ao redor das 11 horas, unha masiva concentración en repulsa do ocorrido, en apoio aos compañeiros agredidos e "pola falta de solucións achegadas por Institucións Penais a estas agresións".