Ultiman as obras da nova escalinata do Paseo dos Barcos
Por Redacción
Mellorará o acceso e a conexión co mar preservando unha rampla histórica de Sanxenxo. É o obxectivo das obras que Portos de Galicia está a executar no Paseo dos Barcos.
Trátase da instalación dunha nova escalinata que se está realizando sobre parte da rampla que estaba colocada na actualidade.
Os traballos quedarán concluídos nos próximos días coa colocación dunha varanda metálica para garantir un acceso seguro á contorna.
A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, supervisou a evolución destes traballos xunto ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.