A Deputación dinamiza os seus viveiros de empresas para impulsar a reactivación económica
Por Redacción
A Deputación lanza un plan de dinamización dos viveiros de empresas de Barro e Lalín co obxectivo de pisar o acelerador na reactivación económica e de continuar potenciando un servizo que nos seus cinco anos de existencia fixo posible a creación ou "maduración" dun total de 66 proxectos empresariais.
O plan, que consiste en actividades que poñen o acento no emprendemento dende o rural e na economía circular, foi presentado pola deputada de Novas Tecnoloxías, Ana Mejías.
Barro ten ocupadas as 16 naves produtivas con 12 empresas e outras 12 empresas están nas 15 oficinas existentes.
A Deputación pon en marcha a segunda edición do programa de apoio ao emprendemento no rural, a difusión en redes sociais das "experiencias viveiristas", obradoiros, visitas para coñecer os viveiros e un plan de apoio para reforzar a atención aos viveirista cun servizo de consultoría e formación, entre outras iniciativas.