Marín contratará a 10 persoas beneficiaras dunha RISGA para traballos en obras públicas
Por Redacción
A Xunta de Goberno Local aprobou recentemente a contratación de 10 traballadores para creación dun servizo de apoio ás obras públicas do Concello. Estas persoas son actualmente beneficiarias dunha RISGA, polo que supón unha inserción laboral de carácter social para axudar á integración e á procura dun emprego.
Para a contratación destas persoas solicitarase unha subvención á Consellería de Emprego e Igualdade por valor de 146.062 euros, segundo informan fontes do Goberno local.
O obxectivo da integración social a través da contratación municipal está sempre presente para o Concello, que procura adherirse a este tipo de subvencións, así como incluir cláusulas de carácter social en pregos de contratación que serven de base para as licitacións públicas.
A isto súmaselle a colaboración que ten o Concello con entidades sociais de inserción, como por exemplo, a Fundación Juan XXIII.
Relacionadas:
-
As entidades deportivas de Marín repartiranse unha subvención municipal de 90.000 euros
Por Redacción |
-
A limpeza das praias de Marín estará a cargo da Fundación Juan XXIII
Por Redacción |
-
Incorporan un tractor rozador para avanzar na limpeza das estradas municipais de Marín
Por Redacción |
-
A Fundación Juan XXIII inicia a posta a punto dos areais de Marín
Por Redacción |